FOLLAS NOVAS

coral polifónica

 

 

 

    

  Atocha Alta 33, baixo. 15002 A Coruña                                                                                                                                           follasnovasweb@gmail.com

 
 
 
    tupac amaru
 

 

 

 

 

       As obras de homes de xenio distínguense pola súa orixinalidade, o seu coidado e a profundidade coa que abordan unha cuestión. O poema "Tupac Amaru" a partir do que está composta esta cantata, contén cinco movementos. O recitativo do principio sitúa o cadro histórico e anuncia o clima poético da obra. Éste describe e laméntase polo sacrificio de Tupac Amaru, o derradeiro cacique indio rebelde que se subleva contra o esclavismo español. A revolta comezou en Tinta (Perú) o 4 de Novembro de 1780 e remata co suplicio de Tupac Amaru en Cuzco o 18 de Maio de 1781.

        O primeiro e segundo movementos da Cantata son pezas fúnebres sobre a morte do indio, sobre a súa inmensa solidez espiritual e sobre a negra noite na que se afunde a América indíxena. Os tres seguintes poemas ensalzan nunha chamada apasionada ó novo home americano. Yupanqui dinos na introducción: "José Gabriel Concordanki quedó allí, como un cántaro roto entre las piedras", por elo él é o símbolo, como tantas ruinas feitas, tantos mitos, tanto sudor e tanto sangue do indio.

        Atahualpa Yupanqui introducenos na actual problemática do novo home americano que debe face-la síntese que convén ós seus gustos e ás súas necesidades e crear, a partires de eiquí, unha cultura orixinal sen abandoar a súa estructura multiétnica e o seu grande espectro cultural inicial.

        No derradeiro canto fálanos do sangue derramado que tiñe ós ceos, a terra e da cor ó gran de millo. Así pois, débese marchar cara as portas da alba, para formar unha nova sociedade, orixinal e forte, onde as falsas opcións da barbarie non teñan cabida.

 
 

Webmaster / Administrador: LUIS G. CORRAL www.arteclick.tk  © ® 2005 Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS". Reservados tódolos dereitos