FOLLAS NOVAS

coral polifónica

 

 

 

    

  Atocha Alta 33, baixo. 15002 A Coruña                                                                                                                                           follasnovasweb@gmail.com

 

 


 
 
   

historia

 

 

 

 

 

               A Coral Polifónica “FOLLAS NOVAS“ foi creada no ano 1930, tomando o nome dunha das máis famosas obras da nosa insigne poetisa Rosalía de Castro. Nos seus comezos adicouse á interpretación da música galaico-popular e danzas folclóricas galegas. No ano 1945 reorganizouse, ampliando dende entón as súas actividades ó campo da Polifonía, así como ó da música religioxa, madrigalista e escénica.

Tomou o seu nome da célebre obra da nosa insigne poetisa Rosalía de Castro, feito que, co transcurso do tempo, veu marcar dunha maneira importante o seu quefacer no campo da Polifonía Galega pois o seu repertorio, en boa parte, está constituido por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosalianos.

No seu longo e brillante historial destacan os concertos de homenaxe adicados a Juan Montes (1949), Rosalía de Castro (1950, 1975 E 2002) e Curros Enríquez (1951)

Co gallo da primeira visita da S.S. o Papa Juan Pablo II a Santiago de Compostela, foi unha das tres únicas corais invitadas a participar nos actos que se organizaron.

Fixo  varias  grabacións  discográficas (6 LP´s e 1 CD) para diversos selos, actuou para a televisión de diferentes países e deu concertos en diversas cidades de Francia, Portugal e España, participando nos máis prestixiosos encontros e ciclos de música coral.

No seu repertorio inclúense obras de moi diferentes autores rexionais, nacionais e extranxeiros, estrenando gran número delas, incorporando ós seus programas de concerto algunhas que estaban esquencidas, na súa labor de investigación da música coral de tódalas épocas.

Ó seu cargo estivo o estreno  mundial  da Cantata “Nova Galicia“  de   Rogelio  Groba,  as “Seis Canciones Gallegas“ de Eduardo Rodríguez Losada e a “Misa Gallega“ de Rogelio Leonardo de Bouza. Recentemente estrenou o “Himno a María Pita” de Pascual Saavedra, que se atopaba inédito no arquivo de música da Catedral de Mondoñedo.

Nos concertos estraordinarios que cada ano celebra en A Coruña interpretou, entre outras obras, as cantatas "Carmina Burana" de Karl Orff e "Tupac Amaru" de Enzo Gieco e Raúl Maldonado sobre poemas de Atahualpa Yupanqui, un concerto homenaxe a Rosalía de Castro, a estrea en España da versión en salmo dramático de "El Rey David" de Arthur Honegger, unha Antoloxía da Zarzuela e outra de música hispánica ("En un lugar de..."), así como un percorrido pola música popular de Galicia (“Alén do tempo”) e a estrea mundial da obra "Cantigas dos Eidos" de José Luis Evangelista Ventura.

Ten varios galardóns, entre os que cabría destacar o 1º Premio de Interpretación do Festival Folklórico Internacional de Braga (Portugal) no ano 1956, Primer Premio do Certamen Gallego de Masas Corales de Lugo (1959), Medalla de bronce no XX y XXI Certámenes Nacionales de Habaneras y Polifonía de Torrevieja (Alicante) nos anos 1974 e 1975, Medalla de Bronce no Certamen Regional de Masas Corales del Bimilenio de la Ciudad de Lugo (1976 ) e 1º Premio do Concurso de Panxoliñas Ciudad de A Coruña, anos 1992 e 1994

Asimesmo está en posesión da Medalla do Patronato Rosalía de Castro, Medalla de Ouro da Asociación “Os Fenianos” de Portugal, Medalla do Círculo das Artes de Lugo, Medalla Conmemorativa da visita da S.S. o Papa a Galicia, Placas da Deputación Provincial de Ourense e da Capitanía Xeral da VIII Rexión Militar e distincións de varios Centros Galegos, Concellos, entidades culturais, asociacións e congresos.

 

         É participante habitual en distintos encontros de música coral: Habaneras de A Coruña, Música Coral de Viveiro (Lugo), Xuntanza  de  Corais  de  Mera (A Coruña), Música  Coral  Fonseca  de  A Coruña, Galicia Cantat e Galicia nos Sentidos da Xunta de Galicia, “Música en los Templos” de Medina de Rioseco, etc.

Recentemente efectuou intercambios con outras colectividades, viaxando a Torrelavega (Santander) no ano 1997, Pola de Siero (Asturias) en 1998, Cangas do Morrazo (Pontevedra) en 1999, Medina de Rioseco (Valladolid) en 2001, Águeda (Portugal) en 2002. Tudela del Duero (Valladolid) e Lisboa en 2003. No ano 2005 ofreceu un concerto no Casino de Madrid co gallo do “Día das Letras Galegas” e inaugurou o ciclo de “Música en los Templos” de Medina de Rioseco (Valladolid).

 

          Dende o ano 1990 organiza os encontros de Música de Nadal “Ciudad de A Coruña”, nos que solen participar diversas corais e algunha formación orquestal ou banda de música.

Na súa nómina de Directores figuraron os maestros D. Manuel Fernández Amor, D. Jesús González de Velasco, D. José Mir Félix, D. Rogelio Groba y Groba, D. Edilberto Suárez Pedreira, D. Francisco Méndez Ruíz, D. Roxelio de Leonardo  Bouza, D. Santiago Pérez Bernal, D. Jorge Berdullas del Río, D. Antonio Piñeiro Fernández, D. Viorel Tudor, D. Nicolás Cardaso Arrojo, Dña. Marta María Castanedo Sanmartin e Dña. Otilia Barón Ferrero, a maioría dos cuales compoñeron e dedicaron as súas obras a esta Coral.

          A  Coral Polifónica “FOLLAS NOVAS“ está composta por 50 voces mixtas.

Na actualidade  a  Coral  Polifónica “ Follas Novas”  está baixo a  dirección  do  Maestro D. Julio Cabo Messeguer.

 
 

Webmaster / Administrador: LUIS G. CORRAL      © ® 2005 Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS". Reservados tódolos dereitos