FOLLAS NOVAS

coral polifónica

 

 

 

    

  Atocha Alta 33, baixo. 15002 A Coruña                                                                                                                                          

 

 
 
 
    el rey david
 

 

 

 

 

            EL REY DAVID (Le Roi David) é un salmo dramático do compositor Arthur Honneguer (1892-1955), con letra do poeta suízo René Morat e escrito para coro mixto, seis instrumentos de madeira, catro de metal, contrabaixo, piano, armonio e percusión.

            Foi estreado no Théàtre Du Jorat de Mézières (cantón de Vaud en Suíza) o día 13 de xuño de 1921, sendo a obra que prácticamente lle abriu a Honneguer o camiño do éxito e o seu recoñecemento como membro destacado do grupo dos seis.

            A partitura componse de 27 episodios, recollidos en tres partes, que se suceden ún tras outro con intervencións de narración, creando na mente unha imaxe vívida e case cinematográfica.

            Tódolos incidentes da vida do gran rei hebreo son relatados. A primeira parte presenta a David neno a través das súas loitas, incluíndo o seu triunfo sobre Goliat e o seu conflicto co rei Saúl. A segunda sección é a súa coronación e a Danza diante da Arca. O movemento final inclúe o incidente con Bathseba e a Revolta de Absalom. A conclusión, un Aleluia, dun profundo sentimento.

            Ó longo do camiño hai danzas, marchas bárbaras...O estilo musical que emerxería nas historias bíblicas de Hollywood.

            Esta primeira versión (existe outra posterior en forma de oratorio) nunca foi interpretada en España, polo que se trata dun estreo.

 
 

Webmaster / Administrador: LUIS G. CORRAL      © ® 2005 Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS". Reservados tódolos dereitos