|
No ano 2004, a Coral Polifónica
"FOLLAS NOVAS" sorprendeu ós amantes da música coral no seu Concerto
Estraordinario cunha grandiosa obra totalmente descoñecida en España e que pode
considerarse contemporánea, pois o seu autor non é outro que Arthur Honegger
(1892-1955). Trátase, polo tanto, do estreo no noso país dunha versión da obra que abriu
o éxito a este compositor:
EL REY DAVID.

Portada do programa de EL REY DAVID, de Arthur Honneguer
Esta obra contou coa participación de varios solistas:
AÍDA LÓPEZ (soprano)
MARÍA JOSÉ LADRA (mezzosoprano)
PABLO CARBALLIDO (tenor)
Tamén contou coa colaboración da
CORUÑA ENSEMBLE INSTRUMENTAL.
As partes narradas da obra tiveron a voz de SANTIAGO FERNÁNDEZ.
Todo elo baixo a dirección do director da coral, JULIO CABO MESSEGUER.

EL REY DAVID, de Arthur
Honneguer
Teatro Rosalía de
Castro. 28 de Marzo de 2004
|