|
A Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS" ten 7 discos publicados, 6 en formato
vinilo ou cinta casete e un Compact Disc (CD) do ano 2006. Algúns son grabacións
compartidas con outros coros de semellantes características, outros son discos
monográficos.
As tecnoloxías actuais permiten obter grabacións de grande calidade, polo que a
coral, coa intención de non quedarse atrás no tempo, posee algunhas mostras de
concertos recentes en directo, todos eles en CD.
A Coral posee un amplo arquivo musical que ó longo dos
anos conseguiu reunir unha grande parte do repertorio máis
representativo de Galicia e do resto de España, así como
do extranxeiro, tendo moitas obras doadas á coral polos propios autores
das mesmas.
A discografía propia
abranga principalmente cancións galegas, aínda que na actualidade
ese campo ampliouse a outros moitos estilos e xéneros musicais
(rexional, popular, clásica, sacra ou religioxa, ópera, zarzuela,
himnos, habaneiras, panxoliñas, espirituais, etc.)
As portadas das grabacións discográficas que a coral fixo ata o momento son as
seguintes por orde cronolóxica:
Escoita
a "Follas Novas" en directo


NOVO CD

NOVO CD

|