FOLLAS NOVAS

coral polifónica

 

 

 

    

  Atocha Alta 33, baixo. 15002 A Coruña                                                                                                                                           follasnovasweb@gmail.com

 
 
 
    concertos
 

 

 

 

 

          A Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS" celebra cada ano un concerto estraordinario con temática musical diversa, interpretando obras corais tanto coñecidas como descoñecidas que, polas súas características técnicas e musicais, poden considerarse verdadeiras obras maestras dentro da música coral contemporánea. Os temas destes concertos varían cada ano, co obxectivo de dar a coñecer obras corais de todo tipo entre os amantes deste xénero.

 

           Entre os concertos feitos pola coral nestes últimos anos destacan:

CARMINA BURANA

TUPAC AMARU

NOCTURNOS de W.A. MOZART

CANTA, SI QUERES, NA LENGUA QU´EU FALO...

MÚSICA DE ZARZUELA

EL REY DAVID

EN UN LUGAR DE...

ALÉN  DO TEMPO / TUPAC AMARU

A NOSA MÚSICA E OS NOSOS CANTOS

VERBO ARDENTE...

ANIVERSARIOS CABANILLAS, GAOS, CHAPÍ

PENSO QUE POR MIN CHAMADES


 

            Tamén e dende 1989 "FOLLAS NOVAS" organiza no mes de Nadal un encontro musical de panxoliñas en distintas parroquias dos barrios da cidade e no Palacio da Ópera de A Coruña, coa participación de numerosas corais coruñesas e dos arredores. Estes encontros amosan a grande riqueza deste xénero tan característico do Nadal, convertindo o certame nun dos concertos máis importantes destas datas, cunha sempre numerosa presencia de público.

 
 Encontro de Música de Nadal "Cidade de A Coruña". Palacio da Ópera de A Coruña

 
 

Webmaster / Administrador: LUIS G. CORRAL  www.arteclick.tk   © ® 2005 Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS". Reservados tódolos dereitos