|
En
1803 atopáronse no monasterio alemán de Benediktbeuren manuscritos
antiguos: anotacións de cantos de amor que solían entoar
os escolares vagantes nos séculos XII y XIII. Están escritos
nunha mistura de idiomas, partes en alemán medieval e outras en
latín popular. Orff seleccionou dúas ducias de eles xuntándolos
pola idea fundamental da "gran roda da fortuna, emperatriz do mundo" que
xira sen cesar; elixiu por nome a palabra latina para cancións -"carmina"-
en combinación coa denominación latinizada do convento -"burana"-
(Beuren). A obra é unha apoteose do amor e da xuventude; os seus
textos non se destacan precisamente por inofensivos. Conteñen á
usanza da época e dos "goliardos" de disipada e errante vida -imaxes
delicadas á beira doutras, obscenas, cantos de seducción,
himnos ós praceres carnais, pero tamén alusións ós
curiosos costumes que tiñan incluso os clérigos daqueles
lonxanos séculos medievais.
O comezo é un poderoso himno á deusa Fortuna, "emperatriz
do mundo". Hai alusións á música medieval -mediante
frases que se asemellan ó canto gregoriano ou llano-, pero inmediatamente
sonan acordes soñadores, máis ubicados en Oriente, o nas
súas evocacións polo Impresionismo. Tras o canto á
fortuna comenza a parte de "la primavera", unha descripción moi
gráfica do amor. Un terno coro ensalza os encantos da bela época;
o sol fai olvida-las penurias e soidades invernais. Un motivo de campás
volve sempre, o xúbilo escribe eiquí unha páxina inolvidable.
Nenas e varóns abandonanse á danza cada vez máis frenética
e orxiástica. Estamos "Uf dem Anger": na pradeira. Os versos latinos
das partes anteriores ceden eiquí á tosca linguaxe alemana
de séculos medievais. Unha ronda das doncelas e unha canción
irónica dos muchachos sonan ó mesmo tempo.
"In taberna" -na taberna- titúlase o fragmento seguinte. O bebedor
está só e canta unha canción de lamentación,
de autocompasión. Chegan os compinches e traen un cisne asado que
se queixa amargamente do seu destiño -voz de tenor en falsete-.
Un dos comensales imita parodísticamente un responso relixioso créndose
o "Abad de Cucania", país de fantasía no cal situábase
-na Idade Media- o paraíso material: comidas, praceres...
"La corte del amor" titúlase a sección siguinte. É
a parte máis lírica da obra. Dos frautas susurran unha fermosa
melodía, cantan paxes diante da súa ama, e ésta mesma
eleva a voz nunha canción mística. Segue unha melodía
da soprano, envolta en nostálgicas armonías exóticas,
dunha languidez quizá oriental, quizá de mundos fantásticos.
As voces masculinas entonan unha melodía intecionadamente vulgar;
ensalzan as delicias corporais do amor sensual. Un gran doble coro alza
a súa poderosa voz. Solistas e coro invitan a renova- la danza,
a ledicia, os xogos orxiásticos. Nunha notable melodía -a
máis fermosa e noble da obra- a doncela entregase ó amado
"Dulcissime". Xurde un himno á beleza ¡ Ave Formosissima !
(a Banziflor e a Helena, os dous ideais de beleza que adoraron respectivamente
o mundo medieval e o antigo). A deusa Fortuna pecha-la obra xirou
unha vez a roda do destino, nada máis...
K. PAHLEN |