|
Esta cita con
Rosalía de Castro é unha necesaria homenaxe en
Familia.
"FOLLAS NOVAS", a coral coruñesa que tantos anos leva cantando ós maís profundos
sentires, tiña a obriga de relembrar o pensamento da poetisa cos instrumentos
máis definitivos: a palabra, a voz, a música...
Queríamos activa-la nosa memoria, pois moitas veces encontramos nela máis
semente de futuro que restos de pasado. A substancia dun pobo é a súa historia;
o que temos veunos dado como xeneroso agasallo, esforzo doutras persoas que,
como Rosalía, atinaron a crealo. Esquecelo sería ignorar a verdadeira condición
do que somos; un acto de ingratitude imperdonable.
Por iso a Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS" e o estudio de teatro "CASAHAMLET"
xuntaron os seus esforzos e saberes para facerlles chegar a vostedes, en forma
de palabras e de música, o corazón dunha muller que representa o máis profundo e
auténtico desta patria.
|