|
O 21 de Abril de 2002
a Coral
Polifónica "FOLLAS NOVAS" levou a cabo o seu Concerto Extraordinario no Teatro
Rosalía de Castro de A Coruña. Nesta ocasión tratouse de
CANTA, SI QUERES, NA LENGUA QU´EU FALO, unha máis que merecida
homenaxe a
Rosalía de Castro sobre textos de dúas
das máis importantes obras desta poetisa: "Cantares Gallegos" e "Follas Novas".
Este concerto foi de novo interpretado no Palacio da Ópera en Xaneiro de 2004
dentro do Programa de Concertos Didácticos da Orquesta Sinfónica de Galicia para
a Terceira Idade .

Portada do programa de CANTA, SI
QUERES, NA LENGUA QU´EU FALO
Colaborou na narración dos
poemas a Compañía de Teatro "CASAHAMLET" de A Coruña, nas voces de:
CHUS ÁLVAREZ
SANTIAGO FERNÁNDEZ
MANUEL LOURENZO
Tamén colaboraron con instrumentos tradicionais:
ANTÓN BUENO e LUIS GARCÍA: gaitas
AARÓN ULLOA CASTRO: tamboril
Como solistas da coral:
MARÍA BLANCO e CELIA COMESAÑA
Como pianista:
GABRIEL LÓPEZ

Homenaxe a Rosalía de Castro. Teatro
Rosalía de Castro. 21 de Abril de 2002
O PROGRAMA foi o seguinte:
I. Do mar pola orela (gaitas, recitado e piano)
II. Mais o que ben quixo un día (recitado)
III. Rosa de Abril (coro)
IV. Cantan os galos (recitado)
V. Miña Santa Margarida (recitado e coro)
VI. Quíxente tanto meniña (recitado)
VII. As de cantar (recitado e coro)
VIII. Un repoludo gaiteiro (gaitas e recitado)
IX. Campanas de Bastabales (recitado e coro)
X. Vaguedás (recitado)
XI. Follas Novas (coro)
XII. Unha vez tiven un cravo (recitado)
XIII. Cando era tempo de inverno (recitado)
XIV. Negra sombra (coro)
XV. Cando ninguén (recitado)
XVI. O mar castiga (recitado)
XVII. Estranxeira na súa patria (recitado)
XVIII. Aquelas risas sin fin (coro)
XIX. O simiterio de Adina (recitado)
XX. Fun un día (recitado)
XXI. Padrón, Padrón (coro)
|